
Quick Facts
Biography
Guillermo Quintana Pardo, nado cara a 1883 e finado na Coruña o 25 de setembro de 1969, foi un militar e político galego.
Traxectoria
Fillo de Julián Quintana Cuesta, capitán de Infantaría de Mariña, e Encarnación Pardo Filgueira. Estudou na Academia de Infantaría. Estivo destinado nas Canarias e en Lugo. Comandante de Infantaría retirado, na República foi profesor de Matemáticas no colexio da Fundación Fernando Blanco de Cee. Foi nomeado concelleiro de Cee polo gobernador civil en novembro de 1934 na corporación presidida por Argimiro Guillén Cereijo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado polo gobernador civil delegado civil de Cee. Combatiu na guerra. Ascendido a coronel, foi destinado ao Rexemento Mixto de Infantaría de Máquinas de Acompañamento 88 en Ourense e foi gobernador militar da praza e provincia de Ourense en decembro de 1940. Ascendido a xeneral de brigada, foi nomeado xefe da 52 División de Infantaría de Montaña en 1946. Finou na Coruña o 25 de setembro de 1969 con 86 anos.
Recoñecementos
Cruz de San Hermenegildo en 1931.
Vida persoal
Casou en Ferrol con Enriqueta Lacaci García en 1913, e foi pai de María Victoria, Guillermo, María Reyes, Enriqueta e Luis Antonio Quintana Lacaci.