Gloria Lago
Quick Facts
Biography
María Gloria Lago Cuadrado é unha profesora galega, presidenta e voceira da asociación Galicia Bilingüe.
Traxectoria
Filla de Román Lago Álvarez e neta de Román Lago Cabral, dous dos principais procesados polo caso do metílico, en 2009 publicou El reloj de cuco, unha historia novelada da vida da familia Lago e do proceso xudicial, nun intento de vindicar a imaxe da familia. Na súa mocidade militou en Coalición Galega. É profesora de inglés nun instituto de Vigo. Coñecida por ser a presidenta e voceira de Galicia Bilingüe, asociación que fundou en xullo de 2007.
Polémicas
Gloria Lago é coñecida por defender abertamente a partidos e asociacións de corte españolista, defensores da unidade de España e contrarios ás manifestacións culturais e lingüísticas periféricas. No ano 2011 insinuou que o PPdeG ofrecéralle un posto na lista ás eleccións galegas de 2012, cun escano asegurado. Dous anos máis tarde valorou entrar en política, e soaron os nomes do PPdG e de UPyD como posibles destinos da viguesa. Porén, non rematou en ningún destes partidos.
No ano 2014 cualificou de xenófobo a Castelao no seu blog persoal, e aos seus defensores de "talibáns galaicos". Na mesma publicación atacou a referencia a que as "linguas co-oficiais deban ser obxecto de especial respecto e protección", pronunciada por Filipe VI no seu discurso de proclamación.
En novembro de 2014 foi a encargada de ler o manifesto Libres e iguales en Vigo, en contra da consulta soberanista catalana, que calificou de "agresión á democracia" e de "mutila-los seus dereitos". A concentración reuníu a unhas 20 persoas.
No mesmo mes comezou a campaña "Adopta un topónimo español", atacando a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983, e que establecía a oficialidade dos topónimos en galego.
En xaneiro de 2015 definiu ao Apalpador coma un guarrillo pederasta (porquiño pederasta) no seu blog.