Gervasio Cereijo Veiga
Quick Facts
Biography
Gervasio Cereijo Veiga, coñecido como Trenzas, nado no Cazapedo (A Encomenda, A Pobra de Trives) en 1895 e finado no mesmo lugar, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Manzaneda da que foi vogal do seu Comité Executivo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión e declarado en rebeldía. Foi enlace do grupo de Mario de Langullo. Por presións da Garda Civil acabou integrándose no grupo guerrilleiro. A súa filla Longina Cereijo a quen pillou a guerra en Barcelona, regresou ao caer a fronte de Cataluña e como o pai estaba fuxido, foi recluída nun campo de concentración en Asturias. Dende 1942 permaneceu agochado nunha casa de Paradela, onde foi descuberto por un delator infiltrado pola Garda Civil. Foi detido o 22 de xullo de 1948 no Barco de Valdeorras. Xulgado en consello de guerra en Ourense, foi condenado a 30 anos de reclusión. Estivo varios anos na cadea de Ourense e despois pasou a Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), de onde saíu en liberdade condicional en outubro de 1959. Uns anos despois de saír da cadea finou no Cazapedo.
Notas
- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Gervasio Cereijo Incógnito
- ↑ BOE, 18-12-1959, p. 16142.
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 51. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
- Gervasio Cereijo Veiga na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la Sierra Arquivado 01 de decembro de 2022 en Wayback Machine. (en francés)