Gerardo Doval
Quick Facts
Biography
Gerardo Doval Rodríguez Formoso, nado en Noia o 21 de setembro de 1863 e finado en Madrid o 23 de abril de 1940, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1891 trasladouse a Madrid, onde se doutorou en Dereito e impartiu clases de Filosofía e Retórica no Colexio Isabel a Católica. Membro do Partido Liberal, foi deputado por Ágreda (1901 e 1905) e Chinchón (1916), e senador por Teruel en 1919. Foi xefe superior de policía de Barcelona (1919). En 1923 foi elixido deputado por un dos distritos de Lugo. En 1926 formo parte da Xunta de Goberno do Ateneo de Madrid presidida por José Soto Reguera. Exerceu a avogacía e foi un notable penalista. Foi Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e académico correspondente da Real Academia Galega dende a súa fundación. Estaba en posesión da Orde de Isabel a Católica.
Obras
- El Jurado como institución popular. Reformas necesarias en el procedimiento, 1903.
- Higiene y acción social. Intervención del Derecho en los matrimonios de los tuberculosos, 1912.
- Un problema nacional. Los foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación, 1925 (con prólogo de Alfonso de Cal).
- Lo infinito ha creado y rige por acción directa la marcha de su obra, 1927.
- Cánovas ateneista, 1928.