peoplepill id: francisco-rozados
Escritor e político galego
Francisco Rozados
The basics
Quick Facts
Intro
Escritor e político galego
A.K.A.
Francisco Rozados Rivas
Rochi
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Forcarei
Age
61 years
The details (from wikipedia)
Biography
Francisco Rozados Rivas, coñecido como Rochi, nado en Forcarei o 17 de febreiro de 1963, é un escritor e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi axente de desenvolvemento rural. Fundou e coordinou a revista cultural Cotaredo. Afiliado ao Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de cultura de Forcarei de 1999 a 2011. En 2013 abandonou a formación conservadora e fundou un partido de ámbito local chamado Foro Forcarei. Tamén colaborou en prensa nas edicións comarcais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo coas seccións A miña fusadela e Ecos metacios respectivamente.
Obras
Narrativa
- Memoria de Trasdomonte. Edicións Fervenza, 2003.
- O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada. Premio Xoán de Cangas de novela curta. Concello de Cangas, 2006.
- Raiolas no faiado. Editorial Sotelo Blanco, 2008.
- O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas (premio Ánxel Fole X edición). Edicións Fervenza, 2011.
Ensaio
- Forcarei, no berce do Umia e do Lérez, Concello de Forcarei, 1991.
- Terra de Montes. Guía Cultural e Turística, Editorial Everest, 2000.
- Chano Piñeiro (biografía). Edicións Fervenza, 2003.
- Forcarei. Historia fotográfica do século XX. Deputación de Pontevedra, 2005.
- Terra de Montes. Estudo antropolóxico. Reler Edicións, 2008.
- Verde soño de auga, ceo e pedra (guía de Forcarei). Concello de Forcarei, 2010.
Audiovisual
- Alén da néboa. CD homenaxe ó gaiteiro de Sorribas, Adelino Pichel, co grupo Chorovia na Moucarria. 2007.
- Mamasunción volve ó correo. Documental XXV aniversario da curtametraxe "Mamasunción" de Chano Piñeiro. 2009.
Colectivas
- Chano Piñeiro, tecedor de soños. Colaboración revista Descubrindo. Anuario de estudos da Terra de Deza. 2005.
- Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
- O Patrimonio de Montes. Fitos Culturais. En “A procura da nosa identidade. Terra de Montes”. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 2007.
- O vreeiro por Terra de Montes e Tabeirós. Comercio e peregrinaxe. Revista Miscelánea nº XIII (Fundación Cultural da Estrada – Museo do pobo estradense “Manuel Reimóndez Portela”).2010.
- Revista Cotaredo. Revista cultural do Concello de Forcarei. Fundada en 1998
Premios
- Camilo José Cela de Narrativa (Concello de Padrón, 2001) –XII edición– pola narración “Unha campa na congostra de Rebordechao
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no Concello da Estrada (2001)
- Ánxel Fole (2º premio) de Narrativa (Concello de Lugo, 2006) –VIII edición– pola narración “A Muller que non comía”.
- Manuel Oreste de Narrativa (Concello da Paradela, 2006) –XI edición– pola narración “Raiolas no faiado”.
- Concello de Marín de Narrativa (2006) –IX edición– pola narración “O Empeine, ou o misterioso caso da tumba profanada”.
- Xoán de Cangas de Novela Curta (2006) –I edición– por “O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada”.
- Ánxel Fole de Narrativa (Concello de Lugo, 2008) –X edición– pola narración “O Bestiario Máxico do Abade Eliseo”
- Insignia de Ouro da "Asociación de Amigos da Terra de Montes" pola súa traxectoria cultural, na xuntanza celebrada en Forcarei o 5 de agosto de 2012.
Notas
Véxase tamén
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Francisco Rozados is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Francisco Rozados