peoplepill id: francisco-rio-barxa
FRB
Spain
1 views today
1 views this week
Francisco Río Barxa

Francisco Río Barxa

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Francisco Xavier Río Barja Francisco Xavier Río Barxa Francisco Río Barja Francisco Javier Río Barja
Places
Gender
Male
Birth
Age
92 years
The details (from wikipedia)

Biography

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Traxectoria

Fillo de militar, estudou o bacharelato nos Maristas de Lugo e aprobou as oposicións a Correos, coincidindo coa Guerra Civil española. Durante a contenda, é recrutado como carteiro polo bando nacional. Na posguerra licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e foi destinado como mestre a Viveiro. Proseguiu a súa carreira profesional ao acceder temporalmente a unha praza de profesor adxunto na universidade compostelá. Nesa época é cando coñece a Ramón Otero Pedrayo e cando escribe a súa tese doutoral, que lla dirixe precisamente o catedrático ourensán.

Posteriormente sacou as oposicións para profesor universitario de Maxisterio e, aínda que o destinan ás illas Canarias, permutará a praza e quedará na Universidade de Santiago, centro de ensinanza ao que quedaría vinculado ata a súa xubilación. Vinculado ao galeguismo histórico a través de Pedrayo e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ingresou na Real Academia Galega en 1983 a proposta de Ramón Piñeiro, Manuel Chamoso Lamas e Antón Fraguas cun discurso sobre a interpretación da paisaxe compostelá.

Foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro do Consello da Cultura Galega e da Academia das Ciencias de Galicia.

Defensor do nacemento do Miño no Pedregal de Irimia, marcou quizais o punto de inflexión cara a esta paternidade en detrimento de Fonmiñá

Obra

  • La revolución gallega de 1846 (1953)
  • Bibliografía de geografía económica de Galicia (1960)
  • La vivienda rural en el Miño Alto (1960)
  • Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de E.G.B (1980)
  • Didáctica da xeografía (1981)
  • Cartografía Xurisdiccional de Galicia no século XVIII (1990]
  • Os ríos galegos: Morfoloxía e réxime (1992)
  • Estudios de xeografía de Galicia (1995)
  • Galicia, esa descoñecida (1999, 2005)

Obras colectivas

  • Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia (2009, Xeogal) 28 volumes. El Correo Gallego. Director da publicación.

Galardóns

  • Premio Trasalba (1995)
  • Medalla Castelao (1996)
  • Pedrón de Ouro (2007)
  • Premio das Letras e das Artes (2001)
  • Premio Otero Pedrayo
  • Premio Galicia de Investigación
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Francisco Río Barxa is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Francisco Río Barxa
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes