peoplepill id: francisco-potel-pardal
FPP
Spain
2 views today
2 views this week
Francisco Potel Pardal
Escritor e relixioso galego

Francisco Potel Pardal

The basics

Quick Facts

Intro
Escritor e relixioso galego
Places
Gender
Male
Place of birth
Spain
Place of death
Spain
Age
52 years
The details (from wikipedia)

Biography

Francisco Potel Pardal, nado en Xanza (Valga) o 29 de xuño de 1887 e finado na mesma parroquia o 9 de agosto de 1939, foi un crego e poeta galego. Ricardo Carballo Calero encadrouno nos tempos do Postrexurdimento.

Traxectoria

Rematou a carreira de sacerdote en 1911. En 1917 xa era coadxutor en Vilagarcía de Arousa, e foi nomeado párroco de Lestedo nas abas do Pico Sacro. Foi o responsable da construción da igrexa parroquial actual.

Sendo estudante de crego publicou aos seus vinte e catro anos Costumes da terriña (199 páxinas), con prólogo de Emilio Villelga Rodríguez. Como o título indica, é un libro de prosas costumista. Non hai nada semellante a unha trama novelesca aínda que os personaxes actúen dentro da vida campesiña na que se desenvolven. Son catorce capítulos: "Ani-novo", "A morte do porco", "O entroido", "O pormeiro día de coresma", "A semana maor", "O maio", "A noite de San Xoán", "Unha tarde no rueiro", "A festa", "A espadela", "O día dos mortos", "Un casamento", "As fiadas" e "Noite boa". Dáse detallada conta dun xeito descritivo e lineal de diversos aspectos da vida rural galega, incluíndo celebracións relixiosas e pagás, costumes, traballos do campo etc.

É un libro escrito nunha prosa sinxela e popular, nun bo galego da zona e rico vocabulario para o material folclórico que recolle. Así unha das palabras da obra é recollida no Portal das Palabras: Están xogando á mariola cun “peletre” feito dun cacho de tella.

Obra

Costumes da terriña, 1911

Notas

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Otero Pedrayo, Ramón (Director) (1974). Gran Enciclopedia Gallega 25. Silverio Cañada. ISBN 84-7286-193-7. 
  3. Potel Pardal, Francisco, alumno de Derecho Canónico en la Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1911). Costumes dá terriña. Impl. Y Enc. el Seminario C. Central. 
  4. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 14. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-302-8. 
  5. Carballo Calero 1975, p. 560.
  6. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 482. ISBN 84-8288-019-5. 
  7. "Palabra do día: peletre". Portal da Palabras. Consultado o 05/04/2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Couceiro Freijomil, Antonio (1954). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 121. 
  • Fraguas Fraguas, A. (2006): ”Antropólogos de comenzos de século don Manuel Vidal Rodríguez e don Francisco Potel Pardal" en Homenaxe a Xosé Filgueira Valverde. El Museo de Pontevedra, nª 52, 1998, p. 133-162, ISSN 0210-7791
  • Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 614. 
Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Francisco Potel Pardal is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Francisco Potel Pardal
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes