Francisco Lanza
Quick Facts
Biography
Francisco Lanza Álvarez, coñecido como Paco Lanza, nado en Ribadeo o 26 de marzo de 1892 e finado en Buenos Aires o 16 de xaneiro de 1951, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (que aínda existe), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, ó parecer en colaboración co seu sogro Celestino Pérez Andrade, numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés ou Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasións por perigo da súa integridade.[Cómpre referencia] Colaborou tamén na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo, así como en Faro de Vigo e El Sol (Madrid). Tamén foi membro do Seminario de Estudos Galegos.
En 1931 emigrou a Buenos Aires, onde traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte. Casou con Rosa Pérez Fernández, filla de Celestino Pérez Andrade, e tivo dous fillos.
Obra
- Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973).
- Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Ediciós do Castro en 1974).
- Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).