Francisco Javier Vázquez Varela
Quick Facts
Biography
Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, avogado, foi alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.
Traxectoria
Destituída a corporación anterior por sospeitarse do seu afrancesamento, foi elixido o 25 de xaneiro de 1809 por aclamación popular, pouco antes da chegada do exército napoleónico, a quen entregou a vila.
Durante os dous meses de ocupación fixo un traballo de desgaste contra o gobernador francés Chalot, mentres ía enviando apoios á resistencia do cerco de fora das murallas.
Logo da reconquista deuse orde de arresto contra el por colaboracionista cos franceses, porén foi exonerado e seguiu a carreira de xurisprudencia como Oidor da Audiencia de Galicia (máximo tribunal rexio de Galicia con sede na Coruña), Alcalde da Casa e Corte de Madrid e Conselleiro do Real Supremo Tribunal de Facenda en 1816, chegando a amasar unha gran fortuna.
O concello adicoulle o nome dunha rúa o 27 de marzo de 1909, a petición de Ricardo Senra Fernández.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Cebrián Ramos, Beatriz; Material Didáctico. Vigo, 1809: Reconquista Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".
Outros artigos
- Alcaldes de Vigo
Ligazóns externas
- Rolland, Eduardo; "Vigo baixo a ocupación francesa", La Voz de Galicia.
Predecesor: José Antonio Alonso Cayro | Alcalde de Vigo 1809 | Sucesor: ? |