Francisco Javier Rodríguez Gil
Quick Facts
Biography
Francisco Javier Rodríguez Gil, nado en Bermés (Lalín) o 17 de abril de 1797 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 1857, foi un filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno.
Traxectoria
Sobriño de Xosé Rodríguez González (coñecido como Matemático Rodríguez), naceu en Bermés en 1797. Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado sacerdote conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, Xosé Rodríguez González, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e tamén rexentou algún tempo a biblioteca da Universidade.
O dicionario galego castelán
Dedicouse a recompilar un vocabulario galego, seguindo de cerca ao Padre Sarmiento e publicou varias entregas na revista Galicia. Revista Universal de este Reino, editada na Coruña polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morreu, Antonio de la Iglesia recopilou a súas notas e publicounas en 1863.
Este primeiro dicionario galego, que conta con 3.834 entradas, aínda que só 2.184 son da autoría de Francisco Javier Rodríguez, foi a base dos publicados despois por Cuveiro Piñol e Marcial Valladares.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Vázquez Crespo, Armando; González Alén, Daniel (1989). A Comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 506–507. ISBN 84-89690-21-9.
Ligazóns externas
- Vázquez Crespo, Armando: «O filólogo de Bermés» 6/10/2016, Faro de Vigo.