peoplepill id: francisco-castro-represas
Francisco Castro Represas
The basics
Quick Facts
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo
Age
92 years
The details (from wikipedia)
Biography
Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.
Traxectoria
Licenciouse en Madrid en 1932. De volta en Vigo, asociouse con Pedro Alonso Pérez en 1940, con quen traballou ata 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.
Foi nomeado vigués distinguido en 1993.
Obra
Son obras, entre outras, de Castro Represas:
- O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón.
- Os números 4 e 6 da praza de Compostela.
- O Edificio Sanchón ou de Natalio Sanchón (1935) na rúa Policarpo Sanz.
- A fábrica de conservas de Ribas (1935-38) na r/ Beiramar esquina r/ Ánimas.
- O Edificio Cesáreo González (1938) na praza de Portugal.
- O Edificio Jesús Crespo Filgueira (1938) na rúa Cuba esquina Urzáiz.
- O Edificio Curbera ou Edificio de José Curbera (1939), na rúa García Barbón.
- O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón.
- O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra.
- O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.
- O Real Club Náutico de Vigo (1944-45).
- O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).
- O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.
Galería de imaxes
|
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "CASTRO REPRESAS, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 225-226, 2010-2011, Ir Indo, Vigo.
Outros artigos
- Racionalismo arquitectónico
Ligazóns externas
- Estudo de arquitectura Castro y Alonso (en castelán e inglés).
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Francisco Castro Represas is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Francisco Castro Represas