Francisco Acal Eirós
Quick Facts
Biography
Francisco Acal Eiros, nado en Abrairas (A Braña, Baleira) o 6 de xuño de 1932 e falecido en Lugo o 26 de maio de 2013, foi un político galego, alcalde de Baleira durante trinta e catro anos, dende 1977 ata 2013.
Traxectoria
Foi presidente da Cámara Agraria local e foi designado alcalde de Baleira en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Baleira, e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 1983 por Coalición Galega, volveu ser elixido nas municipais de 1987 pola CPG e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.
Aínda que anunciou que non tiña previsto repetir candidatura, finalmente volveuse presentar como candidato á alcaldía de Baleira polo PPdeG nas municipais de 2011 e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Faleceu en 2013, mentres ocupaba a alcaldía, e foi relevado no cargo por Ángel Enrique Martínez-Puga López.
Acal foi tamén presidente da Asociación de Amigos da Marronda e cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.
Predecesor: - | Alcalde de Baleira 1977 - 2013 | Sucesor: Ángel Enrique Martínez-Puga López |
Notas
- ↑ Falece Acal Eiros, alcalde de Baleira desde 1979
- ↑ Francisco Acal Eiros: Levo 32 anos na alcaldía, xa cumprín e non me vou presentar ás vindeiras eleccións Arquivado 03 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. elprogreso.galiciae.com, 07/12/2009. (en castelán)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 17 de abril de 2011.
- ↑ El Concello de Baleira volverá a homenajear a sus bosques autóctonos. www.lavozdegalicia.es, 31/07/2010. (en castelán)
- ↑ Damas y caballeros de la Orden del Camino de Santiago. (en castelán)
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). "Acal Eiros, Francisco". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 12. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
- Eleccións municipais en Baleira