Filomena Dato
Quick Facts
Biography
Filomena Dato Muruais, nada en Ourense en 1856 e finada na cidade da Coruña, o 27 de febreiro de 1926, foi unha escritora galega.
Traxectoria
Pouco ou case nada se sabe da súa vida, e a meirande parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e/ ou cultural. Sabemos que colaborou con composicións poéticas en xornais como El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa ou o Album Literario. Sabemos, igualmente, que participou do movemento literario que iniciara Valentín Lamas Carvajal en Barbaña. En 1906, foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega.
Filomena Dato Muruais foi unha fervente feminista, en sintonía con Rosalía de Castro. De feito, estas dúas poetas son as mellores representantes da lírica feminista do século XIX, nun momento no que o machismo era a ideoloxía dominante non só entre a xente sen formación cultural, senón tamén entre a intelectualidade, posto que preguntas como se as mulleres tiñan alma, ou se tiñan conciencia e remorsos, ou se eran as portadoras do pecado por herdanza de Eva,... eran comúns nos debates sociais (e incluso filosóficos) desta altura. E é que adversidade na que crearon escritoras como Filomena Dato Muruais, Rosalía de Castro ou Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero) dota aínda de maior valor a súa produción literaria.
Toda esta reivindicación feminista da que vimos falando está presente en Follatos (1891), o seu único libro en lingua galega.
Morreu cega aos 70 anos de idade.
Véxase tamén
Bibliografía
- Couceiro Freijomil, A. (1951). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores I. p. 342. Editorial de los Bibliófilos Gallegos (en castelán).
Ligazóns externas
- Álbum de Mulleres Consello da Cultura Galega.
- Biblioteca Virtual Galega
- Dato Muruais, Filomena na páxina da AS-PG.