Fernando Javier Pérez Fernández
Quick Facts
Biography
Fernando Javier Pérez Fernández, nado en Barbeito (Vilasantar) en 1972, é un político galego do PPdeG, que é alcalde de Vilasantar dende 2011.
Traxectoria
Natural de Barbeito, foi técnico de deporte do concello de Vilasantar dende 2006. En 2011 presentouse ás eleccións municipais encabezando a candidatura do PPdeG de Vilasantar. Obtivo a maioría absoluta superando por 27 votos ao BNG (encabezado por Manuela García Freire), obtendo cinco dos nove concelleiros e foi elixido alcalde.
No ano 2013 foi imputado tras unha querela do BNG por un suposto delito de prevaricación, ao deixar caducar un expediente ao aparellador do concello, tío del. En 2014 a denuncia foi arquivada por non apreciarse indicios de delito, aínda que si constata "certa inactividade" por parte do alcalde respecto do expediente.
Nas eleccións municipais de 2015, volveu a gañar con maioría absoluta as eleccións, aumentando a seis o número de concelleiros obtidos, por tres do BNG.
Nas eleccións municipais de 2019 volveu a acadar a alcaldía co mesmo número de concelleiros.
Predecesor: Manuela García Freire | Alcalde de Vilasantar 2011-actualidade | Sucesor: no cargo |
Notas
- ↑ Sin bastión nacionalista por 27 votos
- ↑ "Nova imputación no PP: o alcalde de Vilasantar por un presunto delito de prevaricación". 17 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Archivada la denuncia del BNG contra el alcalde de Vilasantar por prevaricación" (en castelán). 5 de abril de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Fernándo Pérez Fernández continuará como alcalde en Vilasantar" (en castelán). 24 de maio de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ Concello de Vilasantar na FEGAMP
- ↑ "Resultados eleccións municipais 2019". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2019.