Fernando Hoyos
Quick Facts
Biography
Fernando Hoyos, nado en Vigo en 1943 e finado en Guatemala o 13 de xullo de 1982, foi un xesuíta que predicou e loitou en Guatemala seguindo a Teoloxía da liberación.
Traxectoria
Ordenouse xesuíta en 1960 e realizou estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía en universidades de Salamanca, Múnic, Lovaina e Comillas (Madrid).
Labor en Guatemala
Xa formado na Teoloxía da liberación, chegou a Guatemala a comezos dos anos 70 e implicouse decididamente na solidariedade cun pobo privado de dereitos, masacrado polo Exército e en medio dunha pobreza e desigualdade extremas. O seu labor social e educativo deixou unha fonda pegada no país centroamericano. Acabou por se integrar no Exército Guerrilleiro dos Pobres (EGP) e morreu nun enfrontamento armado o 13 de xullo de 1982 sen que o seu corpo aparecese até o día de hoxe.