peoplepill id: fernando-barros-pumarino
FBP
Spain
1 views today
1 views this week
Fernando Barros Pumariño

Fernando Barros Pumariño

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Fernando Barros Pumariño, nado en Santiago de Compostela o 15 de agosto de 1906 e finado en París o 22 de marzo de 1959, foi un político galego.

Traxectoria

Estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, delegado da Sociedad General de Autores. Amigo e compañeiro de Arturo Cuadrado. Pertenceu á masonería. Participou no Pacto de Lestrobe en representación da ORGA e foi secretario do Centro Republicano de Santiago de Compostela (1931). Despois integrouse en Izquierda Republicana. Foi detido pola folga xeral revolucionaria de 1934. Amigo de Ramón María del Valle-Inclán, acompañouno nas seus últimos momentos e foi o seu testamenteiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, permaneceu agochado no Sanatorio Baltar até que logrou atravesar a fronteira portuguesa e pasar á zona leal. Integrouse no exercito republicano como comandante. Contactou en Valencia con Borobó. Coa derrota republicana foi detido e internado na prisión de San Miguel de los Reyes (Valencia) o 14 de abril de 1939. Despois pasou á prisión de Porlier. En xuño de 1945 as autoridades franquistas conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento, que tería que cumprir en Vigo. En abril de 1948 desapareceu do seu domicilio de Vigo e fuxiu a Francia. Alí traballou de albanel. Reuníase no café Mabillon de París xunto con outros exiliados.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Fernando Barros Pumariño is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Fernando Barros Pumariño
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes