Felipe Criado Boado
Quick Facts
Biography
Felipe Criado Boado, nado en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1960, é un arqueólogo galego vinculado ao CSIC. Ten realizado investigacións e traballos de campo en Galiza, España, Portugal, Reino Unido, Chile, Arxentina, Perú e Uruguai.
Traxectoria
Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982 e doutorado en 1989. Foi profesor titular da USC dende 1991. En 2000 entrou no CSIC como Profesor de Investigación no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais.
A súa maior achega foi a definición e consolidación da arqueoloxía da paisaxe: neolítico, megalitismo, idade do bronce, cultura castrexa ou arte rupestre. Foi creador en 1991 do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade de Santiago de Compostela. Este grupo integrouse en 1997 no Instituto Tecnolóxico da USC como Laboratorio de Arqueoloxía e formas culturais. En maio de 2010 pasou a ser unha unidade asociada ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento do CSIC como Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) constituído por máis de trinta investigadores e técnicos.
En 2008 un artigo do catedrático Xosé Carlos Bermejo Barrera da USC crítico co método de investigación arqueolóxico do equipo de Felipe Criado Boado e a Xunta de Galicia foi censurado polo CSIC.
A European Association of Archaeologist (EAA), segunda asociación de arqueólogos máis importante do mundo despois da Society for American Archaeology, elexiuno como presidente por tres anos.
Obra
Felipe Criado Boado é autor de 12 libros e 154 artigos científicos.
- La cerámica campaniforme en Galicia. Co autor con José Manuel Vázquez Varela. Cuadernos do Seminario de Sargadelos 104 pax. Sada: Ediciós do Castro. 1982.
- Planear el pasado: ideas para la recuperación del Castro de Elviña. USC. 2003. ISBN 84-9750-260-4
- Arqueológicas. La razón perdida, Edicions Bellaterra, Barcelona, 2012.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- “Arqueológicas. La razón perdida” App en Google Play
- "A Conversa" con Felipe Criado Boado, entrevista en Popular.tv, 30 de abril de 2013).