Federico Díaz Palafox
Quick Facts
Biography
Federico Díaz Palafox, finado en Ferrol en abril de 1911, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Jorge Díaz Galán e Justina Palafox. Republicano, foi líder do Partido Republicano de Ferrol e organizador da Federación Local de Trabajadores de Ferrol. Implicado na insurrección republicana de 1872,tivo que exiliarse en Porto. Ao seu retorno dirixiu un colexio de ensinanza superior en Ferrol. Dirixiu a revista La Ciencia de Madrid en 1879, e os periódicos El Pueblo Gallego, La Autonomía de Galicia, e La República de Ferrol. Foi veterinario municipal de Ferrol dende 1897. Publicou Elementos de prosodia para los alumnos (1871) e traduciu ao castelán as novelas Un señor condescendiente de Pigault-Lebrun e El amor por las calles e Isidoro el expósito de Paul de Kock.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Grandío Seoane, Emilio (2006). República e republicanos en Galicia. Ateneo Republicano de Galicia. p. 155.