Fausto Castiñeira Isorna
Quick Facts
Biography
Fausto Castiñeira Isorna, nado en Catoira en 1961, é un ilustrador e deseñador gráfico galego.
Traxectoria
Comezou a súa actividade na banda deseñada a comezos da década de 1980 en publicacións como Aula Aberta, Tintimán, El Correo Gallego ou Atlántico Diario. Creou o fanzine Valium dez e a revista Das Capital. Dirixe a revista Golfiño.
Como debuxante realizou os álbums Os viaxeiros do tempo e a serie Un misterio para Simón, protagonizada pola aventureira detective Simón Martel.
Realizou ilustracións e capas para libros da colección Medusa da editorial Sotelo Blanco e a colección Costa Oeste de Editorial Galaxia. Tamén colaborou no mundo do teatro coa compañía Chévere, e na fundación da Sala Nasa de Santiago de Compostela.
En 1996 foille concedido o Premio Ourense de Banda Deseñada da Casa da Xuventude de Ourense pola súa traxectoria.