Ezequiel Abente y Lago
Quick Facts
Biography
Ezequiel Abente y Lago nado en Corcubión o 3 de abril de 1841 e finado o 17 de decembro de 1923, foi un médico e militar galego.
Traxectoria
O seu pai Leandro Abente Chans era médico e traballaba en Muxía onde vivía a familia. A familia era orixinaria de Anllóns. Na familia tamén o seu curmán foi médico Isidro Pondal Abente, que fora director do Balneario de Mondariz durante a época dourada. Tamén da familia era o xeoquímico Isidro Parga Pondal o que fora un dos científicos máis importantes de Galiza.
Ezquiel tiña nove irmáns, seis homes e tres mulleres. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela entre 1857 e 1863 obtendo notas de sobresaínte en case tódalas materias. Licenciado entrou no Corpo de Sanidade Militar en 1864, como segundo Axudante médico do Batallón de Cazadores de Tarifa, destinado en Burgos, e do Peñón de Vélez de la Gomera. Ocupou diversos postos e destinos por toda España ata que foi finalmente destinado á Coruña onde se fixo cargo do hospital militar da Coruña e da súa organización durante a repatriación dos soldados que volvían da Guerra de Cuba.
En 1996 o Hospital Militar da Coruña foi bautizado co seu nome pasando a chamarse Hospital Abente y Lago.