Evaristo Candelas
Quick Facts
Biography
Evaristo Candelas Pérez, O Evaristo ou Ángel Franco, nado en Galera (Granada) o 19 de setembro de 1916 e finado en París en febreiro de 1988, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
Ingresou voluntario na Mariña en xuño de 1936. Desertou e quixo ir a Asturias con Antonio Molins Valls, Ramón Vizoso e Demetrio. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo Neira. En 1942, coa axuda de Demófilo Pedreira Rumbo e outros militantes comunistas, foi operado de apendicite nunha clínica privada da Coruña e permaneceu oculto 20 días coa falsa identidade de Ángel Franco. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Vivía en París cando foi indultado o 15 de xuño de 1967.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra