peoplepill id: eva-mejuto
EM
Spain
4 views today
4 views this week
Eva Mejuto
Escritora galega

Eva Mejuto

The basics

Quick Facts

Intro
Escritora galega
Places
Work field
Gender
Female
Place of birth
Sanxenxo, Spain
Age
49 years
Eva Mejuto
The details (from wikipedia)

Biography

Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.

Traxectoria

Eva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra . En 2018 forma parte do proxecto "Capicúa de xestión cultural e proxectos".

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Tenrealizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo . Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios .

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes. A sinopse da obra segundo David González é:

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.”Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.”Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. “22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a segunda Guerra Mundial.

Con María Reimóndez e Manuel Bragado en Pontevedra, 21/03/2018

Obras

  • A casa da mosca chosca (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-155-4. Adaptación de Eva Mejuto a partir dun conto popular ruso. Ilustracións de Sergio Mora . Foi publicada en catalán, éuscaro, castelán, portugués, inglés e italiano.
  • Rato de campo e rato de cidade (2002). Kalandraka.ISBN 84-8464-139-2. Ilustracións de Kiko da Silva. Foi publicado en castelán por Kalandraka.
  • O zapateiro e os trasnos (2003). Kalandraka. ISBN 84-8464-212-7. Adaptación dun conto popular. Ilustracións de Elia Manero. Foi publicado en castelán por Kalandraka.
  • Corre, corre, cabaciña (2006). OQO Editora. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de André Letria. Foi publicado en castelán, catalán, portugués e italiano.
  • Tres desexos (2007). OQO Editora. ISBN 978-84-96788-63-3. A partir dun conto tradicional portugués. Ilustracións de Gabriel Pacheco. Foi publicado encastelán e en italiano.
  • Maruxa (2014). OQO Editora. ISBN 978-84-9871-490-6. A partir dunha canción tradicional polaca. Ilustracións de Mafalda Milhoes.
  • 22 segundos (2017). Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-239-3, 136 p.Foi traducida ao castelán.
Presentación de Memoria do silencio na Casa da Luz de Pontevedra o 29/01/2019. Con Su Garrido Pombo, María Xesús López Escudeiro e Fran Alonso.
  • Memoria do silencio (2019). Xerais, Colección Fóra de Xogo. 152 paxs. ISBN 978-84-9121-461-8.
  • Dez gatiñas viaxeiras (2019). Xerais. Colección Pequeno Merlín. 32 páxs. Ilustracións de Víctor Ribas.

Colaborou nas obras colectivas:

  • Los cuentos del camino (2013).VV.AA. DVD
  • Minilibros imperdibles 1” (2016). Kalandraka. ISBN 978-84-8464-261-9
  • Camiños (2017). Magín Blanco. CD-Audio

Tradutora

  • Bartlett, T.C. (1999). As clases de tuba. Kalandraka. ISBN 84-95123-72-X
  • Bansch, Helga (2007). Petra. OQO Editora. ISBN 978-84-9871-002-1
  • Felloza, Soledad (2014). A cociñeira do Rei. OQO Editora. ISBN 978-84-9871-501-9

Notas

  1. "Ficha de Eva Mejuto na AELG". Consultado o 21/03/2018. 
  2. "Proxecto Capicúa". Capicúa. Consultado o 24/03/2018. 
  3. "Máster da Universidade de Vigo". Consultado o 21/03/2018. 
  4. "Faro de Vigo, 29/05/2016". Consultado o 21/03/2018. 
  5. "Blog de Xerais". Consultado o 21/03/2018. 
  6. "Catálogo da BNE". Consultado o 21/03/2018. 
  7. "La casa de la mosca fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  8. "Euli firiren festa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  9. "La casa de la mosca fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  10. "A casa da mosca fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  11. "The shy fly's house: based on the popular Russian tale". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  12. "La casa della mosca Fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  13. "Ratón de campo y ratón de ciudad". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  14. "El zapatero y los duendes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  15. "Corre corre, calabaza". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  16. "Corre corre, carbasseta". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  17. "Corre corre, cabacinha". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  18. "Corri, corri, zucca mia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  19. "Tres deseos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  20. "Tre desideri". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. 
  21. "Ficha do libro en Xerais". Consultado o 21/03/2018. 
  22. Teijeiro, Antonio Garcia (2017-07-31). "Versos e Aloumiños: REMUÍÑO DE LIBROS (30) "22 segundos", de Eva Mejuto". Versos e Aloumiños. Consultado o 2019-01-18. 
  23. "22 segundos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06. 
  24. "Ficha de libro". www.xerais.gal. Consultado o 2019-01-18. 
  25. Mejuto, Eva (5 de marzo de 2019). “Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Schindler e non temos idea do que pasou no noso propio país?”. Praza Pública.Entrevista con Montse Dopico. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Eva Mejuto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Eva Mejuto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes