Eva Cárdenas
Quick Facts
Biography
Eva María de Cárdenas Botas, nada na Coruña en 1965, é unha empresaria galega, exdirectiva da multinacional Inditex e de Sargadelos.
Traxectoria
Filla de Antonio de Cárdenas Sans e Cristina Botas Prego. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e concluíu un Mestrado en Administración e Dirección de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid. Chegou a Inditex en 2003 procedente da firma de cosméticos L'Oréal e con 38 anos converteuse na segunda muller á fronte dunha das cadeas do xigante téxtil tras Carmen Sevillano (Oysho). Dirixiu o sector de perfumaría de Zara.
Dende 2003 foi directora de Zara Home ata 2018, ano no que deixou o seu posto por motivos persoais. En marzo de 2019 fundou, a canda a filla, unha axencia inmobiliaria, Niebla Azul, sociedade coa que adquiriu propiedades en Oleiros e na Coruña.
Dende decembro de 2020 foi asesora externa do Grupo Sargadelos, ata que no verán de 2022 deixou ese traballo, logo de mudarse, coa parella, a Madrid.
Vida persoal
Casada e cunha filla, divorciouse do primeiro home. Desde 2013 diversos medios de comunicación foran sinalando que mantiña unha relación sentimental con Alberto Núñez Feijóo. En febreiro de 2017 deu a luz na cidade da Coruña o seu segundo fillo, froito da súa relación co daquela presidente da Xunta.
Notas
- ↑ Altarriba, Marta (18/9/2016). "Eva Cárdenas, la 'señora' Feijóo". El Periódico (en castelán).
- ↑ "Eva Cárdenas, de sargento de hierro en Zara Home a primera dama con Feijóo". Galicia. 16/2/2017. Arquivado dende o orixinal o 05/04/2017. Consultado o 04/04/2017.
- ↑ Eva Cárdenas deixa a dirección de Zara Home por motivos persoais, nova na TVG
- ↑ Villar, Cote (2019-09-12). "El modesto imperio inmobiliario de Eva Cárdenas (Feijóo) tras Zara Home". Vanitatis (El Confidencial) (en castelán). Consultado o 2022-08-26.
- ↑ Sargadelos ficha como asesora a Eva Cárdenas, pareja de Feijóo.
- ↑ Cuadrado, María (2022-08-26). "Eva Cárdenas deja Sargadelos por su traslado a Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-26.
- ↑ "El soltero de oro del PP se apunta al lujo", El Correo Español, 1/11/13.
- ↑ "Núñez Feijóo aparece por primera vez con su chica en público", El Norte de Castilla, 13/1/2015.
- ↑ "Nace Alberto o fillo de Feijóo e Eva Cárdenas nunha clínica da Coruña". Galicia Confidencial. 15/2/2017.