Eugèni Garcin
Quick Facts
Biography
Eugèni Garcin (en francés: Eugène Garcin), nado en Alens o 31 de decembro de 1831 e finado en Anthony (Illa de Francia), en febreiro de 1909, foi un xornalista e escritor occitano.
Biografia
Nado no seo dunha familia modesta, o seu pai era mariscal. Fixo uns estudos que lle deron un bo para traballar do xornalismo e a escritura. Na súa xuventude, escribiu poesías en occitano que foron publicadas por Roumanille en 1851 dentro da obra colectiva Lei Provençalas. Participou no Romavatge dei Trobaires de Aix-en-Provence en 1853. Fíxose amigo de Mistral e escribiu a miúdo dentro do Armanac Provençau.Marchou a París e en 1861 casou coa directora da pensión onde traballaba. Comezou a súa carreira xornalística e converteuse en 1868 nun dos colaboradores do xornal marselles Le Peuple. Eugène Garcin participou moi activamente no movemento félibre e nese mesmoa no 1868, mais coa publicación de Les Français du Nord et du Midi anóxase cos seus amigos félibres, acusándoos de separatismo. Cando se proclamou a República, foi nomeado prefecto de Mureth. Pouco despois, deixou este traballo para facer de xornalista en Tolosa. Colaborou nos xornais L'Émancipation e L'Avenir du Gers, nos que expandiu as súas ideas revolucionarias.