Eudosia Lorenzo Diz
Quick Facts
Biography
Eudosia Lorenzo Diz, nada en Fradalvite (Lobeira) o 14 de agosto de 1917 e finada no Departamento de Reunión o 16 de decembro de 2004, foi unha mestra galega.
Traxectoria
Filla de Agustín Lorenzo Puga e Basilisa Diz González. Dende 1923 foi á escola da aldea de Chaos de Limia. Ingresou na Normal de Ourense en 1931 e rematou a carreira de mestre en 1935. Exerceu como mestra en San Xes de Vilariño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse o 20 xullo nas terras de Castro Laboreiro coa súa familia. Dous anos despois, o 29 de xullo de 1938, fuxiron para evitar ser executados polos falanxistas. Foi expulsada de Portugal o 10 de agosto. Estivo exiliada en Marrocos mais de 25 anos, onde casou cun francés en xuño de 1943.
En 1965 a familia emigrou a Aix-en-Provence, preto de Marsella. Despois da morte do seu home en 1992, continuou a vida cos fillos en Grenoble e Alfortville (Paris) e posteriormente no departamento de Reunión onde moreu en decembro de 2004. En 1999 foi reintegrada no maxisterio.