Esteban Fernández Temprano
Quick Facts
Biography
Esteban Fernández Temprano, nado na Coruña en 1876 e finado en Madrid o 5 de xuño de 1952 foi un tipógrafo, xornalista e político galego.
Traxectoria
Presidente da agrupación socialista da Coruña dende 1904. Presentouse ás eleccións municipais como candidato socialista en decembro de 1909 e novembro de 1911, pero non saíu elixido. Na súa imprenta editábase La Voz del Obrero, do que foi o primeiro director. Participou no Congreso Regional Obrero de Vigo en marzo de 1911, que deu lugar á Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia.
Trasladouse a Viveiro coa súa familia en 1912, chamado por Benigno López Muñoz para que dirixira os seus talleres tipográficos, e o semanario Heraldo de Vivero, que tamén dirixiu. Tamén colaborou en Landro. En 1926 fundou e dirixiu La Voz del Pueblo.
Trasladouse a Madrid onde traballou de corrector de probas na imprenta Rivadeneyra (1949) ata a súa morte.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Heraldo de Vivero cumple un siglo de vida, número especial do periódico do 17 de febreiro de 2012.