
Quick Facts
Biography
Espérance-François Ngayibata Bulayumi , nado en Kinshasa o 12 de novembro de 1959, é un escritor austríaco-congolés.
Traxectoria
Estudou na súa cidade natal e realizou historia da arte no Instituto Nacional das Artes e logo foi a Austria para estudar filosofía na Universidade de Viena (1983-1988), doutorándose en filosofía. Formouse tamén en teoloxía no Centro Metodista de Formación Teolóxica de Lausana. Deu clases na Universidade de Viene e no Instituto Pedagóxico Superior de Viena. Autor de varios libros en lingua, alemán e francés. A súa obra máis emblemática é Mosuni, unha novela monumental e épica sobre a identidade congolesa e o seu encontro cos europeos, novela complexa inclúe poesía, contos populares, notas de arquivos, cartas, cancións de igrexa, oracións ou conceptos teoréticos para alén da propia prosa narrativa.
Obras
- Das Beichten eines Afro-Wieners 2012 (en alemán)
- Ebembe ya Thomson, 2011, Kiamvu (en lingala)
- Dealer wider Willen? Wege afrikanischer Migrantinnen und Migranten nach / in Österreich 2009 (en alemán)
- Mosuni, 2006, Adinkra (en lingala)
- LISAPO: Ein Tor zu afrikanischen Märchen 2002 (en alemán)
- Sterbebegleitung als Lebensbegleitung: Eine imperative ethische Notwendigkeit 2001 (en alemán)
- Congo 2000 : Fin du temps ou nouvelle naissance?, 2000, Plöchl (en francés)
- Esakoli.Großvater erzählt: Geschichten und Fabeln aus dem Kongo 1999 (en alemán)