Enrique Xabier Macías Alonso
Quick Facts
Biography
Enrique Xavier Macías Alonso, nado en Vigo en 1958 e finado ibídem o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.
Traxectoria
Autodidacta, compuxo a súa primeira obra, Poema de réquiem (1979), con texto de Celso Emilio Ferreiro.
As súas obras foron gravadas para Radio Nacional de España e radios de Finlandia, Holanda, Francia e Bélxica e estreadas en encontros e festivais nacionais e internacionais de música contemporánea e noutros dedicados á composición experimental.
Obra
A súa meticulosidade e nivel de exixencia levouno a destruír as composicións feitas antes de 1980, porén, e a pesar do seu prematuro pasamento, deixou un dilatado legado.
|
|
Recoñecementos
Premio da Tribuna Internacional Gaudeamus en 1981 por Polifonías I (1980-81).
Premio Cristóbal Halffter de Composición para Órgano en 1983 por Afónica (1983).
Premio da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982) en 1983 e por Adieux (1983) en 1984.
Premio do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España en 1984 por Nachtmusik III (1983).
Premio da Crítica Galicia en 1987
Unha rúa peonil de Vigo, perpendicular á Avenida da hispanidade, leva o nome de Enrique X. Macías.
Notas
- ↑ Mosquera, Javier: "Vidas de calle. Enrique X. Macías Alonso. Uno de los grandes compositores..." Faro de Vigo, 5/5/2013 (en castelán).
- ↑ "Macías, Enrique Xavier" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD.
- ↑ Villar-Taboada, Carlos.USC, ed. "Entre lo flexible y lo complejo: tiempo y percepción en Enrique X. Macías (1958-1995)". Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ Fundación Premios da Crítica Galicia
- ↑ Situada en 42°13′37.05″N 8°43′35.13″O / 42.2269583, -8.7264250.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Macías Alonso, Enrique X." en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 265, Ir Indo, Vigo, 2010.
- "Macías Alonso, Enrique X." en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 39, p. 93, 2003.