Enrique Nóvoa López
Quick Facts
Biography
Enrique Nóvoa López, nado en Cudeiro (Ourense) en 1953, é un empresario e político galego, coñecido popularmente como Poly.
Traxectoria
Electricista de profesión e propietario dunha empresa de montaxes eléctricas entre outras , foi elixido concelleiro nas municipais de 1995 na candidatura de Manuel Cabezas, sendo sucesivamente Concelleiro de Perímetro Rural, Medio Ambiente e Urbanismo baixo o seu mandato ata que, tras a renuncia deste no ano 2007 foi Alcalde ata a celebración das eleccións no que cedeu o mando ao socialista Francisco Rodríguez. Continuou como concelleiro portavoz do grupo municipal do PPdeG, exercendo como deputado provincial e vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense. En 2009, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, foi elixido deputado pola circunscrición de Ourense.
Foi ademais presidente local do PP en Ourense dende o ano 2007 ao ano 2010.
Predecesor: Manuel Cabezas | alcalde de Ourense 2007 | Sucesor: Francisco Rodríguez |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Ourense
- Alcaldes de Ourense