Enrique Marfany
Quick Facts
Biography
Enrique Marfany Oanes, nado na Coruña o 26 de febreiro de 1943, é un político e funcionario da Xunta de Galicia.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Económicas, é autor de diversos traballos e artigos xornalísticos, a maior parte referidos ó desenvolvemento rexional.
Traballou como economista na AISS, no Instituto para a Reforma das Estruturas Comerciais (IRESCO) e foi membro do Consello de Administración do Banco de Crédito Local.
En 1977 comezou no Partido Gallego Independiente (PGI), que logo se integraría en UCD. En 1982 foi elixido presidente da UCD en Galicia e membro do seu Consello Executivo Nacional. En 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e presidente da deputación provincial (ocupando os dous cargos ata 1987) e, en 1986, senador pola provincia da Coruña ata o seu cesamento o 2 de setembro de 1989. No ano 1986 fundou Democracia Galega, formación política de ámbito galego e autonomista da que foi presidente ata a súa desaparición en 2002.
Predecesor: Manuel Fraga Solar | Presidente da Deputación da Coruña 1979 − 1987 | Sucesor: Xosé Manuel Romay Beccaría |