Enrique Fernández Maneiro
Quick Facts
Biography
Enrique Fernández Maneiro, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1905 e finado na Coruña nos anos oitenta, foi un sindicalista anarquista galego.
Traxectoria
Mecánico fresador. Participou na constitución do Ateneo Sindicalista Libertario en Vigo en maio de 1931 e despois presidiu o Centro de Estudios Sociales da FLSU. Deuse a coñecer como sindicalista nas folgas do metal vigués dos anos 1932-1933. Organizou o Sindicato Metalúrxico afecto á CNT e incorporou á afiliación uxetista. En 1934 puxo en marcha o "Sindicato Minero y Profesiones Varias" nas minas de volframio de San Fins (Lousame) con Claro José Sendón e Ramón Rodríguez Varela (Curuxás). O 6 de xaneiro de 1936 foi elixido secretario xeral do comité da Confederación Regional Galaica. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nos montes do Confurco ate 1940, cando se presentou ás autoridades despois de desbotar a posibilidade de incorporarse á guerrilla de Curuxás. En 1942 colaborou coa rede de espionaxe a prol dos Aliados artellada no Consulado británico de Vigo. Mantivo vencellos coa CNT clandestina en Vigo axudando a trasladar a José Luís Quintas ás minas de San Fins en 1946. Nos últimos anos presidiu a Asociación de Jubilados do Barrio das Flores na Coruña.