Emilio Villelga Rodríguez
Quick Facts
Biography
Emilio Antonio Villelga Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1846 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 1934, foi un sacerdote, teólogo e xornalista galego.
Traxectoria
Cusou estudos de profesor mercantil na Coruña e despois fixo o bacharelato en Santiago de Compostela. Ingresou no Seminario de Compostela, fíxose doutor en Teoloxía e foi profesor do Seminario. Foi profesor de grego, hebreo e alemán no Instituto de Santiago e cara 1900 foi profesor de Relixión e Moral na Escola Normal Superior de Santiago. Viaxou por varios países de Europa. Foi redactor de El Porvenir, dirixiu Galicia Católica e colaborou en La Revista Popular e El Requeté. Beneficiario da Catedral de Santiago de Compostela e correspondente da Real Academia Galega, finou en 1934 con 86 anos.
Obras
- Continuación de los apuntes. Pequeñas conferencias dadas en la Juventud Católica, 1882.
- Apuntes filosófico-religiosos. Estudio psicológico, 1883.
- Discurso inaugural del curso académico de 1885 a 1886 en el Seminario Central Compostelano, 1885.
- El ángel de las escuelas, 1885.
- Estudios de apologética general acomodada á las necesidades, 1887.
- La libertad de pensamiento dentro del dogma, 1888.
- Discurso de apertura de curso, año de 1895-1896, 1895.
- Curso elemental de Apologética contemporánea, 1902.
- Minúsculas (Año Santo de 1909), 1910.
Traducións
- Los dogmas del credo de Mons. Bougaud, 1904.
- El dolor de Mons. Bougaud, 1913.