Emilio Pérez Vilariño
Quick Facts
Biography
Emilio Pérez Vilariño, Emilio ou Claudio Feas, nado en Santa María de Lurdes (Curtis) e finado en Fisteus o 5 de xaneiro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Militante da CNT, desertou do Rexemento de Cabalería da Coruña en 1941. Botouse ao monte en 1942 e integrouse no grupo de Benigno Andrade García. En maio de 1946 o grupo, composto por Benigno Andrade, Emilio Pérez, Francisco Cousillas Pombo, Manuel Pena Camino e Lisardo Freijo López, pertencía á IV Agrupación de Manuel Ponte Pedreira na zona central da provincia da Coruña. Foi acusado pola Garda civil de participar no ataque ao cuartel de Vimianzo en novembro de 1946 e de executar ao cura de Viós (Abegondo). O 21 de abril de 1947 durante un enfrontamento preto do Fontao onde foron mortos Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz Pan e Manuel Rodríguez Suárez, Emilio logrou escapar, vestido como un labrego, con Juan Couto Sanjurjo. Despois de permanecer oculto uns meses en Ourense, converteuse en 1948 en adxunto de Francisco Rey Balbís, o novo comandante da IV Agrupación. Cercado pola Garda civil, foi morto o 5 de xaneiro de 1951 en Fontá (Fisteus, Curtis).