Emilio Guillín
Quick Facts
Biography
Emilio Guillín, nado en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1976, é un xornalista e presentador de televisión galego.
Traxectoria
Con 19 anos comezou a presentar programas de entretemento e informativos en Radio Televisión Compostela (RTC), ao tempo que estudaba Filoloxía Galega na USC. En 1998 comezou a colaborar no Supermartes da TVG.
En 2000 marchou a Madrid a estudar Interpretación e Arte Dramática na Fundación Shakespeare, e Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid, continuando a súa formación cun Máster de Periodismo Audiovisual (IEPA-CES).
Alí seguiu no mundo da televisión, colaborando no informativo de Canal+ presentado por Marta Reyero, e en canles como CNN+, Localia ou Expansión TV. En 2004 pasou a Antena 3, como reporteiro do programa Diario de una boda, conducido por Jaime Cantizano, falando dos preparativos do enlace matrimonial entre Filipe de Borbón e Letizia Ortiz. Ese mesmo ano pasou a TVE, presentando en TVE-2 o programa Aquí hay trabajo.
En 2006 regresou a Galicia, para presentar Perdelo todo e Mundo Verbena, da TVG. En 2007 Susanna Griso fíchao para presentar varias seccións do magazine matinal Espejo público de Antena 3.
No verán de 2010 presenta "Na punta do pé" -programa diario, en directo e itinerante-, no access prime time da Televisión de Galicia.
En 2011 e 2012 presentou "Xiz", concurso diario emitido en V televisión (canal autonómico privado de Galicia).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en IMDb.
- Ficha en www.culturagalega.org
- Vídeo do programa "Xiz" (Vtelevisión, 2011)
- Videobook de Emilio Guillín en You Tube
- Video do programa Perdelo todo en You Tube