peoplepill id: emilio-azaretti
EA
Italy
1 views today
1 views this week
Emilio Azaretti
Italian linguist

Emilio Azaretti

The basics

Quick Facts

Intro
Italian linguist
Places
Gender
Male
Place of birth
Province of Imperia, Liguria, Italy
Age
88 years
The details (from wikipedia)

Biography

Emilio Azaretti, nado en Ventimiglia o 3 de abril de 1902 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1991, foi un escritor italiano en lígur.

Traxectoria

Estudou química e farmacia na Universidade de Xénova rematando os seus estudos en 1925. Volveu á súa vila natal e exerceu como boticario tras herdar a farmacia de seu pai e participou activamente na vida cultural local.

Actividade literaria

En 1927foi un dos fundadores da Academia Ventemigliusa e con Filipu Giliu Rostan estableceu o grupo teatral Cumpagnia d’u Teatru Ventemigliusu para a representación de obras no dialecto intemelio, escritas polos dous fundadores so o pseudónimo literario de Yvan Dakordiu, tanto pezas orixinais como adaptacións de clásicos, principalmente comedias. En 1932 apareceu a revista literaria A Barma Grande. Antulugia Intemelia con colaboracións de escritores lígures da zona máis occidental e de Mónaco e que deu orixe a un movemento cultural de revitalización literaria do dialecto intemelio. Ata 1939 saíron do prelo sete volumes, nas súas páxinas recolleuse unha abondosa produción literaria: poesía, prosa, textos teatrais, mais tamén investigacións lingüísticas e etnográficas. En 1945 e logo da guerra fundou a eférmera asociación Unione Democratica Federalista della Liguria Intemelia para a establecemento dunha zona franca, a idea non callou pero si o seu órgano de expresión La Voce Intemelia que se transformou en voceiro da Unione Intemelia, tamén presidida por Azaretti. Entre 1946 e 1961 realizou escasa actividade cultural, mais a partir de 1961 coa publicación do oitavo número de A Barma Grande, volveu retomar o seu activismo cultural, facéndose cargo da dirección da revista e publicando ata 1974 outros seis volumes e continuou a escribir máis pezas teatrais para a Cumpagnia d’u Teatru Ventemigliusu. Na década de 1960 foi concelleiro independente en Ventemiglia.

Actividade lingüística

En 1977 á súa proposta creouse o Centri di Cultura Dialettale dedicada a espallar a variedade lígur de Ventimiglia entre os escolares por medio de diversas actividades. En colaboración con Rensu Villa preparou unha gramática ilustrada dirixida ao alumnado escolar, Imparamu u Ventemigliusu (1978)  e que incluía unha serie de casetes e en 1981 deu ao prelo Favole e storie in dialetto ventimigliese, tamén dirixido ao lector infantil. Levou a cabo tamén traballos de lingüística que publicou a partir de 1970 "Nomenclatura della fauna marina in dialetto ventimigliese" colaborou na obra I Dialetti Liguri en 1973 e na Rivista Ingauna e Intemelia do Istituto Internazionale di Studi Liguri, e foi o presidente da sección intemelia deste instituto dende 1977. O seu traballo lingüístico máis recoñecido foi L’evoluzione dei dialetti liguri esaminata attraverso la grammatica storica del ventimigliese (1977 e 1982). Foi patrocinador e un dos vicepresidentes da Académie des Langues Dialectales con sede en Mónaco e creada en 1982 e de 1989 é Studi linguistici sull’anfizona Liguria-Provenza que contiña un ensaio sobre a fala Olivetta San Michele.

Notas

  1. Luigino Maccario "Repertorio e attitudini del Teatru ventemigliusu" Intemelion 11:2011, p. 153
  2. La Voce Intemelia. Ano LI n° 1, 25 de xaneiro de 1996
  3. La Voce Intemelia Ano XLVI - n° 2 - marzo 1991]
  4. "Sostegno locale ai programmi culturali scolastici: elementari e medi"La Voce Intemelia, 25 de setembro de 2013
  5. Journal de Monaco Bulletin Officiel de la Principauté, 2 de xullo de 1982, p. 689
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Emilio Azaretti is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Emilio Azaretti
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes