Emilio Alonso Paz
Quick Facts
Biography
Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.
Traxectoria
Curmán de Antón Alonso Ríos, foi militante de Izquierda Republicana. Foi elixido alcalde de Silleda en 1932 e dimitiu en 1934. En 1936 foi reposto como alcalde. Logo da sublevación do 18 de xullo viuse obrigado a exiliarse en Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en Consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.
Predecesor: Antonio Pereiro Gil | Alcalde de Silleda 1932 - 1934 | Sucesor: Segundo Arceo Díaz |
Predecesor: Antonio Trabazo Lorenzo | Alcalde de Silleda 1936 - 1936 | Sucesor: Manuel García Cerviño |
Homenaxes
A finais da década de 1990, a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas do casco urbano de Silleda. No 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Emilio Alonso Paz na páxina web Nomes e Voces.