peoplepill id: eloi-caldeiro-diaz
ECD
Spain
2 views today
2 views this week
Eloi Caldeiro Díaz

Eloi Caldeiro Díaz

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Eloi Caldeiro Díaz
Places
Gender
Male
Place of birth
Sarria
Age
70 years
The details (from wikipedia)

Biography

Eloi Caldeiro Díaz, nado en Sarria en 1955, é un músico e escritor galego.

Traxectoria

Estudou o Bacharelato na súa vila natal, que compaxinou cos estudos de música, actividade que desenvolveu dende moi novo. No ano 1970 comeza a tocar en grupos de música. No ano 1971 fai a súa primeira incursión no teatro afeccionado. No 1972 dirixe a revista “A Lareira” onde pública os seus primeiros poemas. En 1974 dirixe o grupo de teatro afeccionado “Val de Sarria” representado a obra “Barriga Verde” do escritor Manuel María por todo o país. No ano 1974 percorre o Camiño Francés para realizar un estudio-investigación sobre “O Camiño de Santiago” nas Terras de Sarria o cal foi galardoado no Certame “Meiga e Trasgos” como mellor traballo de investigación histórica do ano seguinte. En 1976 funda o primeiro grupo de rock en galego “Tebras”.

Estudou na Escola Universitaria de Profesores de EXB en Lugo, onde acadou a titulación de mestre na especialidade de ciencias humanas. Entre 1978 e 1980 foi directivo da Asociación Cultural Ergueitos de Sarria.

En 1980 logo da disolución do grupo de rock Tebras funda o grupo de folk galego Brath, no que continua na actualidade. En 1985 acada o primeiro premio “Galicia de Xornalismo” polo programa de radio “Folk 7” que se emitía para toda Galiza na cadea de emisoras Ondas Galicia. En 1986 chega á final deste mesmo premio co programa de cultura galega “A Fábula da Terra”. Dende 1985 a 1991 é o director do Festival de música popular e folk “Lugofolk”, Alcontros de música popular –por onde pasan os mellores grupos folk galegos, do estado e mesmo europeos. Este festival complementábase con conferencias de grandes persoeiros do mundo da música e da etnografía, os cales imparten charlas e conferencias durante os tres días do festival. No ano 1987 logo de aprobar unha oposición a director de centros, comeza a traballar na Xunta de Galicia. En 1988 foi un dos coordinadores da grande exposición do “Lugo Romano”encargándose da sección audiovisual. Tamén neste ano funda a compañía de música Sons Galiza, dedicada á gravación e edición discográfica e á edición de libros, nesta compañía editaron e editan discos moitos dos artistas máis representativos da música folk galega, entre eles podemos destacar a Luar Na Lubre, Na Lúa, Uxía, María Manuela, Xocaloma, Saraibas, Brath e un longo etc. O catalogo actual de Sons Galiza confórmano máis de 3000 gravacións de música galega, sendo a editora que máis producións discográficas ten lanzado no país, as cales constitúen un acervo moi importante da nosa cultura. Na edición bibliográfica conta no seu catálogo con autoras/es como: María Xosé Queizán, Fiz Vergara Vilariño, Manuel Forcadela, Xesús Valcarcel, Xosé Lois Garcia e o propio Caldeiro.

No ano 1992 contrátao a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para o deseño, realización e produción da programación cultural do Xacobeo; a través da empresa Sons Galiza prográmanse entre o ano 1992 e 1993 máis de 500 eventos entre concertos, recitais de poesía, grupos corais e grupos tradicionais, así como a contratación de artistas internacionais e a edición de máis de 10 CDs promocionais de música galega. De 1996 a 2006 desempeña as tarefas de xerente da cadea de tendas de música marca “Tipo” distribuíndo música nas súas tendas de Lugo, Santiago e Ferrol. En 1998 e co gallo da celebración dos dez anos de Sons Galiza crea o Certame “Galicia Sonsfolk” para a procura de novos valores da música folk galega. No ano 2002 e seguindo a mesma filosofía que no “Certame Galicia Sonsfolk” crea xunto coas Universidades galegas o “Certame Campusons” para grupos de rock e pop cantado en galego.

No ano 2003 deseña e realiza a colección Son de Galicia, na que ata o momento é a mellor colección de CDs de música galega, onde se inclúen 41 discos do máis representativo da música feita no noso país e que se distribuíu por medio do Xornal “La Voz de Galicia” acadando preto de 1 500 000 de copias vendidas en tres meses, circunstancia que fixo que en cerca de 40.000 fogares galegos teñan na actualidade unha historia en CD da música galega.

No ano 2005 deseña e dirixe O SON E A TERRA unha colección de dez libro-discos, sobre a cultura e o acervo histórico-artístico das comarcas galegas, libros nos que se inclúe a música de cada comarca en dúas versións. Esta colección distribúese co xornal La Voz de Galicia da que se editan cerca de 100.000 exemplares.

Dende o ano 2006 edita e dirixe a revista de cultura galega “Nazón”.

A partir de 2007 comeza a produción e filmación da serie para TV Os Camiños de Santiago en Galicia, que inclúe a música tradicional de cada concello por onde pasa cada camiño. O traballo está a piques de rematar.

Caldeiro ten editados máis de 15 discos de música galega, entre o grupo Brath e os que asina co seu propio nome, e que van dende o folk ao rock pasando polo bossanova ou o chillout. Compuxo música para filmes e series de televisión, ten tres libros de poemas editados e dous que pronto irán ao prelo. Colabora asiduamente en xornais e revistas, así como na radio. Participou durante anos na tertulia política “Despierta Galicia” que se emite para toda Galiza neste programa de Radio Voz e foi tamén colaborador no programa da “Cadena Ser” “ A vivir que son dos días Galicia”.

Acadou premios como o antes citado “Galicia de Xornalismo” “Meigas e Trasgos” “O Facho de Poesía” ou nominacións aos premios da Música da Sgae como mellor canción composta en galego no ano 2000. Foi fundador e presidente da Asociación de Compañías e Produtoras Discográficas Galegas (Agaphono). Colaborou en traballos de investigación: “Informe da Comunicación en Galicia, para o Consello da Cultura Galega que coordinou o escritor Manolo Rivas e a “Industria Cultural en Galicia, traballo colectivo a iniciativa da Universidade de Santiago, sobre a nosa industria cultural, dirixido polo catedrático da Facultade de Económicas de Santiago Alberte Meixide e que contou con Victor F.Freixanes como coordinador.

Ademais ten ofrecido conferencias e charlas por toda Galiza e noutros lugares de España, como Madrid, Segovia, Murcia ou en Cantabria, na Universidade Internacional Menedez Pelayo, entre outros. Mesmo o ten feito en países como Arxentina no Centro galego de Bos Aires.

No apartado musical ten editado os seguintes álbums con Brath: Kalaikia, Viaxe Alén de Fisterra, Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (varios artistas) Lembranza da Auga, Néboa Infinda, Cinco (nomeado aos Premios da Música no ano 2000 pola “Academia de la Música”), Rodeira, O Latexo do Fogo, Bulevar Océano Vol 1, Intres e Codex. Como Eloi Caldeiro, Colorín (música para niños con versos de Xosé María Álvarez Blázquez), música para textos de Ramón Piñeiro, Eloi Caldeiro canta a María Mariño, XX Séculos de Noivado (B.S.O. de una serie de 13 capítulos para TV), O Ladrón de Reliquias (B.S.O do filme do mesmo nome), Cantos de Nadal e EC “Estado de shock”.

Asemade, dirixiu os documentais “Palabra no tempo que comeza” (María Mariño), “Entre o Miño e o mar de Vigo” (Xosé María Álvarez Vázquez), “A Terra e a Saudade” (Ramón Piñeiro).

En 2012 dirixe e presenta o programa musical “E-Música” na Televisión de Galicia.

Dende o ano 2014 dirixe o xornal dixital "Xornaldelugo.com".

Actualmente está a traballar no programa “Pobos con Música”para a TVG e preparando o novo disco de Brath, conmemorativo do seu XXXV aniversario.

Obra literaria

Poesía

  • Anacos de siléncio, 1986, Sotelo Blanco.
  • O sul da auga, 1992, Sons Galiza.
  • A lentura da auga.
  • Muller de auga.
  • Servizos informativos, 2008, Atlantia.

Obras colectivas

  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • Informe da Comunicación en Galicia. (Xunta de Galicia)
  • Industria Cultural en Galicia (Fundación Caixa Galicia)

Premios literarios

  • "Meigas e Trasgos de Investigación Histórica sobre o Camiño de Santiago" (1976).
  • 3º premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1980.
  • 1º Premio Galicia de Xornalismo" (Xunta de Galicia) (1985).

Obra musical

  • "Kalaikia" Brath (1982), Philips.
  • "Viaxe alén de Fisterra", Brath (1985), Fonomusic.
  • "Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro", Varios Artistas, (1988), Sons Galiza.
  • "Lembranza da Auga", Brath (1988), Sons Galiza.
  • "Neboa Infinda", Brath (1991), Sons Galiza.
  • "Cinco", Brath (1999), Sons Galiza.
  • "Rodeira",Brath 2001, Sons Galiza.
  • "Oceana, a música da fin do mundo", Varios Artistas, (2003), Sons Galiza.
  • "O Latexo do Fogo",Brath (2004), Sons Galiza.
  • "Bulevar Oceano", Brath (2005), Sons Galiza.
  • "Intres", Brath (2006), Sons Galiza.
  • "Eloi Caldeiro canta a María Mariño, 2007, Sons Galiza.
  • "Colorín" Xosé María Álvarez Blázquez, poemas,Eloi Caldeiro, (2008), Sons Galiza.
  • "Música para textos de Ramón Piñeiro", Eloi Caldeiro, (2009), Sons Galiza.
  • "Cantos de Nadal", (2012), Sons Galiza.
  • "Codex" Brath (2013), Sons Galiza.
  • "Estado de Shock", EC, (2014), Sons Galiza.
  • "Enxebre", Aniversario XXXV anos. Brath (2015), Sons Galiza.

Obras Audiovisuais

  • "Palabra no tempo que comeza" María Mariño (2007), Miñomedia.
  • "Entre o Miño e o mar de Vigo" Xosé María Álvarez Blázquez, (2008), Miñomedia.
  • "A Terra e a Saúdade", Ramón Piñeiro (2009), Miñomedia.
  • "E-Música", Serie de programas musicais para a TVG (2012), Miñomedia.
  • "Pobos con Música", Serie de programas musicais para a TVG (2014), Cas D'Oleiro 2.0.

Obras colectivas

  • Terras de Sarria, As Serras. Terras de A Ulloa, Melide, Arzúa, con Xulio Xiz, 2008, La Voz de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

  • Eloi Caldeiro na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Eloi Caldeiro Díaz is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Eloi Caldeiro Díaz
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes