Elixio Rivas Quintas
Quick Facts
Biography
Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un sacerdote, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.
Traxectoria
Rivas foi ordenado irmán leigo da orde dos Padres Paúis. Foi destinado a Inglaterra (Dunstable; Potters Bar) entre 1946 e 1955. De aí foi enviado á Igrexa da Mercede da Habana (Cuba), onde estivo entre 1955 e 1961, sendo expulsado do país logo do triunfo da Revolución Cubana (1959). Regresou a Galicia e exerceu como secretario no colexio San Narciso de Marín, e despois marchou aos Milagres do Medo, en Vide (Baños de Molgas), sendo docente nos campus universitarios de Lugo e Ourense.
Durante os anos de docencia en Marín realizou a licenciatura en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Para a súa tesiña de licenciatura fixo un traballo sobre toponimia de Marín, ampliado posteriormente e presentado como tese de doutoramento na mesma universidade en 1978, e publicado no ano 1982.
Desde os anos da década de 1970, Rivas Quintas á par do seu traballo investigador no campo lingüístico do galego, realizou un infatigábel labor en pro da restauración da ruta sur do camiño de Santiago e difundiu o coñecemento da terra ourensá da Limia. Foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago. é membro da Comisión de Toponimia de Galicia do Consello da Cultura Galega desde 1978, e correspondente da Real Academia da Historia.
Distincións
- Premio Otero Pedrayo en 1980.
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia no ano 2000.
Publicacións (selección)
Lexicografía
- Frampas: contribución al diccionario gallego. Salamanca. CEME. Salamanca. 1978, 181 páxs + 4 mapas ISBN 84-7349-019-3
- Millo e hórreo. Legumia e cestos. Santiago. Laiovento. 1996.
- Frampas II; contribución al diccionario gallego. Lugo. Alvarellos. 1988, 148 páxs.
- Pan, sega e malla, medidas. S.l (Ourense). Grafo Dos. 1999, 513 páxs 84-923232-8-0
- A auga na natureza. Ourense. Grafo Dos. 2000, 460 páxs 84-931590-0-X
- Ferramenta e labranza manual. Ourense. Grafo Dos. 1997, 698 páxs 84-923232-0-5
Filoloxía
- Lingua galega: historia e fenomenoloxía. Lugo. Alvarellos. 1989, 384 páxs iSBN 84-85311-79-5
- Lingua galega: nivéis primitivos. Santiago de Compostela. Laiovento. 1994, 241 páxs ISBN 84-87847-40-4
Onomástica
- Onomástica persoal do noroeste hispano. Lugo. Alvarellos. 1991, 672 páxs ISBN 84-85311-93-0
- Onomástica da Virxe María en Ourense, in rev. Boletín de Estudios do Seminario "Fontán-Sarmiento" de hagiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia, Santiago de Compostela, nº 14 (1993) páxs. 24-40; nº 15 (1994), páxs. 29-42; nº 16 (1995), páxs. 37-46
Toponimia
- A isoglosa Pacio / Pazo en Galicia, in rev. Verba. Anuario Gallego de Filología, Santiago de Compostela, nº 13, 1976, páxs. 356-364.
- O tema latino "casa" e a Rivoira Sacrata, in rev. Boletín Auriense, Ourense, t. 11, 1981, páxs. 227-274
- Toponimia de Marín. Santiago de Compostela. Anexo 18 da revista Verba. 1982, 409 páxs ISBN 84-7191-279-1
- Natureza, toponimia e fala. Ourense. Edición do autor. 2007, 443 páxs ISBN 84-611-6327-4
Etnografía e viaxes
- A Limia: Val de Antela e Val do Medo. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 1985, 766 páxs ISBN 84-85858-16-6
- Camiño Meridional de Santiago: continuación de la Vía de la plata (texto bilingüe). S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, 176 páxs.
- A Serra de San Mamede. Ourense. Asociación de Amigos dos Milagros e de San Mamede. 1993, 114 páxs ISBN 84-604-7317-1
- El santuario de Nuestra Señora de los Milagros. León. Editorial Everest. 1991, 63 páxs, reeditado como Santuario de Nuestra Señora de los Milagros, Baños de Molgas (Ourense). León. Edilesa. 2002, 64 páxs ISBN 84-8012-394-X
- Terra das Frieiras. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 2002, 384 páxs. ISBN 84-96011-07-0
Historia e arte
- Historia del Santuario de los Milagros (Ourense). Ourense, s.n., 1983, 193 páxs ISBN 84-300-9899-2
- O escultor Nicanor Carballo, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 3, 1990, páxs. 235-248.
- Influencias precristiáns na arte, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 6, 1994-1995, páxs. 207-237.
- Marín, terra e mar: os mareantes e a Confraría de San Miguel. Pontevedra. Deputación Provincial de Pontevedra. 2005, 139 páxs ISBN 84-8457-239-0