peoplepill id: elena-ferro
EF
Spain
1 views today
1 views this week
Elena Ferro
Spanish artisan

Elena Ferro

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish artisan
Places
Work field
Gender
Female
Birth
Place of birth
Merza, Vila de Cruces, Vila de Cruces, Pontevedra Province, Spain
Age
50 years
The details (from wikipedia)

Biography

María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza, Vila de Cruces, en 1975, é unha zoqueira galega cun papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI.

Traxectoria

Herdou o oficio do seu avó, da súa tía, do seu pai que eran zoqueiros. Na década dos 70 do século XX comezaron a deixar de usarse os zocos e a ir desaparecendo o oficio. A súa familia foi cambiando de vender só na comarca do Deza e mensualmente en Monterroso a ir desprazándose a outras feiras e ampliar os produtos que vendían incorporando a manufactura do coiro.

Nos anos 90 Elena Ferro comezou a facer cambios nos zocos sen éxito comercial até 2010. Cambiou a base de madeira para adaptalos a pisar en duro, patentándoa, e mudou o deseño vendendo os seus produtos ademais de en Galiza no País Vasco, Barcelona, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia apoiándose nas redes sociais.

Participou no Lgx15 organizado pola CTNL en 2016 e nas xornadas de onomástica da Real Academia Galega de 2020. Tamén no 2020 a revista Luzes cedeulle o espazo Retrovisor (do seu número 85).

Recoñecementos

  • Premio de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas en 2010, Deputación da Coruña
  • Premio Nacional de Artesanía 2019
  • Premio Alfredo Iglesias en Teo, 2023

Notas

  1. Obelleiro, M. "“A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de millo”". Nós Diario. Consultado o 2021-01-05. 
  2. García, Rocío (2015-09-14). "Los rompedores zuecos de Elena Ferro llevan un siglo de historia en sus suelas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-05. 
  3. "Elena Ferro: Os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-01-05. 
  4. "Edición 2016 LGx15". Consultado o 2021-01-05. 
  5. "A quinta Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes comerciais". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-01-05. 
  6. "Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019". Nós Diario. Consultado o 2021-01-05. 
  7. "Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-01-11. 

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eferro

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Elena Ferro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Elena Ferro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes