Elena Candia López
Quick Facts
Biography
Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978, é unha avogada e política galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado. Así mesmo foi elixida Presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos. En outubro unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo.
Predecesor: Orlando González Cruz | Alcaldesa de Mondoñedo 2015- actualidade | Sucesor: no cargo |
Predecesor: Xosé Ramón Gómez Besteiro | Presidenta da Deputación Provincial de Lugo 2015 | Sucesor: Darío Campos Conde |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Mondoñedo