Eduardo Amador Corzo
Quick Facts
Biography
Eduardo Amador Corzo, coñecido como Corzo, nado en Monforte de Lemos cara a 1898, foi un político socialista galego.
Traxectoria
Fillo de Agustín Amador e Josefa Corzo. Veciño de Montefurado. Militante do PSOE. Foi elixido concelleiro de Quiroga nas eleccións do 12 de abril de 1931. Presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 e foi elixido concelleiro ao ser o candidato máis votado no distrito de Montefurado. Tomou parte nos actos de protesta contra o alcalde monárquico de Quiroga Julio Maseda Cadórniga a principios de 1933. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, foi procesado por movementos sediciosos, e por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Marcelino Fernández Prada e Álvaro Novas Rodríguez. Permaneceu fuxido até a amnistía decretada trala vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, cando retornou a Quiroga, sendo recibido en San Clodio de Ribas de Sil xunto con Juan Tizón Herreros e Ramón Somoza Álvarez. Participou nos actos do 1 de maio en Quiroga, e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Foi procesado por rebelión na causa 98/37 xunto con José Campos, Julián Mateo e Félix Crespo Mondelo, publicándose en abril de 1937 unha requisitoria contra eles. Foi expedientado por responsabilidades políticas en 1938, e indultado do resto da sanción en 1961.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-5-1931, p. 9.
- ↑ BOP Lugo, 6-6-1931, p. 3.
- ↑ Luz, 6-2-1933, p. 12.
- ↑ BOP Lugo, 23-10-1934, p. 4.
- ↑ BOE, 8-12-1934
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 5-5-1936, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
- ↑ BOP Lugo, 8-4-1937, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 16-12-1938, p. 1.
- ↑ BOP Lugo, 3-2-1939, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 5-9-1961, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2007). Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada. Un alcalde socialista e revolucionario. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-177-3.
- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. pp. 52–54. ISBN 84-7492-891-5.