Edmundo Maseda Maseda
Quick Facts
Biography
Edmundo Maseda Maseda é un labrego e político galego do PSdeG.
Traxectoria
Presidente da asociación veciñal Fraga das Lerias, foi elixido concelleiro do Valadouro nas listas do PSdeG nas municipais de 2011, e pasou a ser o voceiro municipal desa formación en 2013, cando o anterior cabeza de lista, Jose Luis García Rubal, presentou a súa dimisión. En xuño de 2013 liderou unha moción de censura do seu partido, a formación conservadora UDIVAL e o BNG contra o ata daquela alcalde popular José Manuel Lamela, que venceu, polo que se proclamou alcalde do Valadouro. Foi reelixido alcalde tralas eleccións municipais de 2015 e 2019.
Predecesor: José Manuel Lamela | Alcalde do Valadouro 2013 - | Sucesor: no cargo |
Profesionalmente, Edmundo Maseda é labrego e dirixe unha explotación de faba de produción ecolóxica. É sobriño-neto do acordeonista Eladio Maseda.
Notas
- ↑ A alcaldía do Valadouro xa é socialista, El Progreso, 4/6/2013.
- ↑ "A alcaldía do Concello do Valadouro pasa a ser socialista". El Progreso de Lugo (en castelán). 2013-06-04. Consultado o 2020-02-07.
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais no Valadouro