Darío Lamazares
Quick Facts
Biography
Darío Lamazares Pena, nado en Antas de Ulla en 1923 e falecido o 7 de decembro de 2007 en Buenos Aires, foi un emigrante dinamizador da diáspora galega na Arxentina.
Traxectoria
Chegou a Arxentina con 14 anos, en 1938, e pouco despois participou na fundación da Sociedad de Antas de Ulla y Monterroso e despois do Centro Lucense de Bos Aires, do que foi presidente durante catro períodos. Cando se fusionaron os centros pontevedrés, lucense, coruñés e ourensán no Centro Galicia de Bos Aires, en 1980, foi escollido o seu primeiro presidente. Tamén participou na creación do Instituto de ensino primario e secundario arxentino-galego Santiago Apóstol da capital bonaerense (1998), e mais da constitución da Fundación Galicia-América en 1996, da que foi escolleito vogal. Así mesmo, foi o voceiro da emigración galega nun acto de homenaxe no Congreso arxentino celebrado en 2005.
Galardóns
- Orde do Mérito Civil
- Medalla de bronce de Galicia en 1996.
- Enxebre Orde da Vieira
Datos persoais
Faleceu no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Tivo dous fillos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Vídeo dunha entrevista a Darío Lamazares, YouTube.
Notas
- ↑ Falleció Darío Lamazares, primer presidente del Centro Galicia de Buenos Aires, España exterior 15/1/2008.