Darío Álvarez Gándara
Quick Facts
Biography
Darío Álvarez Gándara, nado en Tui o 22 de xaneiro de 1936 e finado en Nigrán o 17 de agosto de 2015, foi un médico e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Darío Álvarez Blázquez, irmán de Alfonso Álvarez Gándara e sobriño de Xosé María Álvarez Blázquez, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde coñeceu á que foi a súa muller, a venezolana Gisela Basso. Marchou a Venezuela en 1959, onde rematou a carreira e fixo a especialidade de cardioloxía. Exerceu como cardiólogo en Caracas, Madrid e posteriormente en Vigo, onde regresou en 1969. Integrouse no Consello da Mocedade en 1963, despois foi un dos fundadores do Movemento Socialista de Galicia e incorporouse ao Partido Socialista Galego en 1976.
En 1993 publicou a novela policial Sireno protagonizada polo doutor Lázaro Evia, pseudónimo que utilizara o seu pai en dúas novelas. En 1996 continuou a serie coa obra O fracaso de Lázaro Evia.
É pai do pintor Darío Álvarez Basso e da xestora artística Carlota Álvarez Basso.
Notas
- ↑ "Fallece el cardiólogo Darío Álvarez Gándara en su casa familiar de Nigrán", artigo en Faro de Vigo, 18 de agosto de 2015 (en castelán).
Véxase tamén
Bibliografía
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- "Darío, el Terrible", necrolóxica en Faro de Vigo, 18 de agosto de 2015 (en castelán).