Dámaso Carrasco Duaso
Quick Facts
Biography
Dámaso Luis Ramón Carrasco Duaso, nado en Vilagarcía de Arousa en 1907 e finado no mesmo concello o 16 de xaneiro de 1987, foi un xornalista, fotógrafo e político galego.
Traxectoria
Fillo de Pío Carrasco Iglesias, que fundou unha consignataria de buques en Carril. A finais dos anos vinte incorporouse ao negocio familiar co seu irmán Pío Carrasco Duaso. Asistiu ao Pacto de Lestrobe. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Vilagarcía de Arousa de setembro de 1930 a 1936. Foi presidente da Irmandade Galeguista de Vilagarcía de Arousa e vicepresidente (1933) e foi elixido concelleiro do Partido Galeguista por Vilagarcía no III Congreso do Partido Galeguista (1934). Participou nos mitins da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936. Cando aconteceu a sublevación do 18 de xullo de 1936 traballaba na consignataria da súa familia, compartindo o traballo coa afección á fotografía. Foi detido, xulgado en Pontevedra en xaneiro de 1937 por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos e 1 día. Foi internado no campo de concentración San Simón, onde fixo algunhas instantáneas dos prisioneiros. Foi posto en liberdade por conmutación da condena en agosto de 1939. Tamén foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. En 1948 foi condenado a 2 anos de prisión polo seu vencellamento á Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas.