Constantino Sánchez Mosquera
Quick Facts
Biography
Constantino Sánchez Mosquera, nado na Coruña en 1887 e finado en Montevideo o 7 de xaneiro de 1960, foi un médico, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu en clínicas madrileñas e foi profesor no dispensario de María Cristina. En 1913 embarcou para Montevideo. Ampliou estudos en París e en 1928 comezou a exercer a medicina na Asociación Española do Uruguai. Inspirou o Congreso Gallego-Americano (1920) e a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). En 1923 percorreu Francia, Alemaña, Italia e Suíza, ademais de toda España e especialmente Galicia. Pertenceu ao Ateneo da República Oriental, presidiu o Centro Gallego de Montevideo entre 1925 e 1930 e dirixiu o periódico Raza Celta. En 1935 regresou a Galicia e propuxo a creación dun Partido Liberal Gallego, pero regresou de novo ao Uruguai. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.
Era irmán de Luís Sánchez Mosquera.
Obras
- Las hemorragias ocultas en las enfermedades del aparato digestivo, 1909.
- El concepto moderno de la úlcera del duodeno, 1910.
- Etiología y patogenia de la úlcera gástrica, 1911.
- Páginas de vulgarización, 1926.
- La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos, 1931.
- Galicia y su Santo patrono el Apóstol Santiago, 1946.
Véxase tamén
Bibliografía
- Naya Pérez, Juan (1961). "Don Constantino Sánchez Mosquera". Boletín da RAG 29 (339-344): 305.
- Bresciano, Juan A., El Centro Gallego de Montevideo bajo la presidencia de Constantino Sánchez Mosquera, 1999.