Chis Oliveira
Quick Facts
Biography
Mercedes Oliveira Malvar, nada en Pontevedra o 25 de maio de 1957, é unha filósofa galega.
Traxectoria
Filla de Juan Oliveira Viéitez. Estudou Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997). É Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo. Forma parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía. Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003), da que é representante internacional. Redactou o “II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.
Obras
- Aprendendo a ver a desigualdade. Concello de Vigo, 2002.
- O corpo como campo batalla. Concello de Vigo, 2002.
- ¿Quen somos?, Xerais, 2000.
- “La educación sentimental en el aula. Proceso y evaluación de una experiencia.”, mestrado de xénero e políticas de igualdade, Universidade de Vigo, 1998.
- Eros: Materiais para pensar o amor. Xerais, 1994.
- O animal humano. Xerais, 1993.
- Platón. Xerais, 1990.
Premios
Obtivo o premio Nacional Educación e Sociedade a materiais didácticos de innovación educativa do MEC polos libros O animal humano e Eros: Materiais para pensar o amor en 1995.