peoplepill id: celia-diaz
Celia Díaz
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Celia Díaz Nüñez, nada nas Eiras (O Páramo) en 1961, é unha escritora galega.
Traxectoria
Aos poucos anos trasladouse a Quiroga. Tras estudar o bacharelato en Monforte de Lemos, é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. Reside en Ourense, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario, actividade que compaxina coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega.
Obras
Literatura infanto-xuvenil
- Adeliña, 2004, Deputación de Ourense, narrativa.
- Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta, 2008, Baía Edicións, teatro.
- Rugando, 2012, Deputación de Ourense, narrativa.
- Velaí vai o papaventos, 2014, teatro.
- A boca do monte, 2016, Galaxia, narrativa.
Narrativa
- Unha verdade amarga, 2017, Galaxia.
Ensaio
- Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, 1995, Concello de Quiroga.
- Resta de letras, 2002, Xerais.
Premios
- I Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria no 2004, por Adeliña.
- II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) no 2004, por Cataventos e cía..
- Primeiro premio no XL Concurso Breogán de Contos convocado polo Centro Galego de Barakaldo no 2007, por Un tango na noite.
- Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria, no 2011, por Rugando.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Celia Díaz na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Páxina web da autora
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Celia Díaz is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Celia Díaz