peoplepill id: celestino-sardina-fernandez
CSF
Spain
1 views today
2 views this week
Celestino Sardiña Fernández
Spanish politician

Celestino Sardiña Fernández

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Celestino Sardiña Fernández, nado en Pontedeume o 20 de novembro de 1933 e finado o 3 de abril de 2017, foi un comerciante e político galego. Foi alcalde de Pontedeume desde 1970 ata 1987.

Traxectoria

Foi fillo de Celestino Sardiña Navarro, membro de Izquierda Republicana e delegado gobernativo en 1936 quen, vítima da represión, foi asasinado na Capela o 18 de agosto dese mesmo ano xunto con outras persoas, entre as que estaba o seu irmán Ramón.

Cando tiña 15 anos a súa nai mandouno estudar a Madrid coa axuda dun familiar que residía alí. Logo de cursar os estudos de Maxisterio, iníciase na política desde a militancia na Acción Católica.

O 16 de setembro de 1970 foi nomeado alcalde de Pontedeume en substitución de Juan Sarmiento Patiño, quen ocupara a alcaldía desde 1940. Nada máis facerse cargo da alcaldía teñen lugar os actos do sétimo centenario da fundación da Vila de Pontedeume. Outros feitos salientábeis dos seus primeiros anos na alcaldía foron as xestións realizadas para a construción do Colexio Público e o Instituto de Bacharelato.

Nas primeiras eleccións municipais demócraticas de 1979 accede á alcaldía obtendo a maioría absoluta como cabeza de lista de Coalición Democrática. Repite maioría absoluta nas seguintes eleccións de 1983 como cabeza de lista da Coalición Popular. Durante estes oito anos de mandato democrático inaugurouse o colexio de EXB de Andrade e o edificio do Centro de Saúde.

Nas eleccións de 1987 perde a alcaldía a pesar de ser a lista máis votada, pois o feito de non acadar maioría absoluta permite unha coalición das outras catro forzas con representación quen elixen alcalde a Belarmino Freire Bujía do PSdeG-PSOE. Logo de repetir nas seguintes eleccións de 1991, de novo sen éxito, renuncia a se presentar ás seguintes eleccións aínda que segue a ser o presidente local do PP. Nas eleccións de 1995 e 1999 os cabezas de lista do PP foron o comerciante Santiago Campos e o avogado Juan Manuel Fonte, quen non conseguiron desbancar da alcaldía a Belarmino Freire.

Celestino Sardiña volve a ser cabeza de lista do PP nas eleccións de 2003 mais obtén os peores resultados da súa formación desde o comezo das eleccións democráticas (1.368 votos), se ben consegue ser a forza máis votada por un escaso marxe de votos (39 votos máis co PSdeG-PSOE). Catro formacións obteñen tres concelleiros e Sardiña trata de acceder á alcaldía mediante un pacto co Círculo de Opinión Eumés que non chegou a frutificar. Logo deste novo intento errado de obter a alcaldía, Celestino Sardiña anunciou a súa retirada da vida política en xaneiro de 2006, e renunciou á presidencia local do PP e á súa cadeira de concelleiro.

Durante o seu longo traxecto político foi Deputado Provincial en varias ocasións, chegando mesmo a ser Vicepresidente desta institución.


Predecesor:
Juan Sarmiento Patiño
 Escudo de Pontedeume.svg
Alcalde de Pontedeume
 
1970 - 1987
Sucesor:
Belarmino Freire Bujía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Pontedeume
  • Historia de Pontedeume
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Celestino Sardiña Fernández is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Celestino Sardiña Fernández
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes