Celestino Noya
Quick Facts
Biography
Celestino Noya Rodríguez, nado en Barro en 1905 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1994, foi un político e escritor galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato en Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia no Colexio León XIII e no instituto de Noia como catedrático de Xeografía, e despois foi catedrático do Instituto de Lugo (1933-1936). Colaborou na prensa, foi correspondente de El Pueblo Gallego en Pontecesures, e en 1927 publicou a noveliña Morta! na colección Lar. Militante do Partido Republicano Gallego, despois pasou a Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Lugo en febreiro de 1936, elixido Presidente da Deputación de Lugo o 31 de marzo de 1936, presidiu a Comisión Executiva para a propaganda do Estatuto, e viaxou a Madrid para presentar o Estatuto ás Cortes Españolas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Cando rematou a guerra civil foi detido sen proceso nun campo de concentración no castelo de Santa Bárbara de Alacant. Depurado como profesor de instituto, pasou a dar clases no Colexio León XIII que dirixía Xesús Garrido Álvarez. Rehabilitado, foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Sánchez Cantón e secretario do Instituto. Xubilouse en 1975. Recibiu a Gran Cruz de Afonso X O Sabio.
Obras
- Morta!, 1927, número 31 da colección Lar.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 19-1-1994, p. 92.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-4-1936, p. 11.
- ↑ Iglesias, Xabier (25/1/2013). "Morta!". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
Véxase tamén
Bibliografía
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 490.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 669. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 410. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
Predecesor: ? | Presidente da Deputación de Lugo 1936 | Sucesor: ? |